viernes, 29 mayo , 2026

Camariñas | Pleno extraordinario para nomear fillo predilecto a Xosé Luís Blanco Campaña

1 minutes read

O vindeiro venres, 8 de outubro ás 16:00 horas, o Concello de Camariñas celebrará un Pleno extraordinario da corporación municipal para nomear fillo predilecto da vila a Xosé Luís Blanco Campaña.

Nacido en Camariñas o 14 de marzo de 1948, Xosé Luís Blanco, estudou Dereito e é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Autónoma de Barcelona. Iniciouse en EAJ-1 Ràdio Barcelona. Foi reporteiro de revístaa Lecturas. Traballou en Radio Peninsular e en Radio Nacional de España en Barcelona e na Coruña. Participou na fundación de Mundo Diario. Foi director de RNE en Santiago de Compostela, fundador e director da RTVG en 1985, director xerente de Televisión de Galicia e director do centro territorial de Televisión Española en Galicia. Tivo unha sección diaria no Correo Gallego.

Foi membro da SGAE e é cabaleiro da Castiza orde da vieira. Na TVG presentou Ruada, Con música propia e A noite en Blanco. É compositor de máis dun cento de cancións en lingua galega, para artistas como Ana Kiro, Sito Mariño ou Petapouco e foi asesor de música popular da Enciclopedia Galega Universal.

É patrón de iate e vicepresidente do Club Náutico de Camariñas e vogal da Federación Galega de Vela. Tamén é vocal da Federación Española de Asociacións de Radio e Televisión. Autor de varios libros, entre eles Prensa e Radio na Galicia Exterior, Camariñas, terra de palilleiras, Cento Catorce Cancións galegas e Historia da Radio en Galicia.

Tamén é autor de máis de cen cancións en galego e de numerosos pregóns e conferencias. Foi presidente da Asociación da Prensa da Coruña.