Camariñas pon en marcha «Concello Activo Kids»

1 minutes read

Trátase dunha actividade na que, en colaboración co servizo de pediatría dos centros de saúde do Concello, promoverá e axudará a un afianzamento das capacidades e habilidades básicas, así como a garantir un desenvolvemento axeitado do individuo.   

Os destinatarios son menores nados entre o ano 2008 e 2011, ambos incluídos, e tamén deben acudir derivados polo seu médico de pediatría.

No Concello Activo Sénior o horario amplíase a 2 horas semanais

Concello Activo creouse para potenciar a autonomía das persoas maiores na súa vida diaria, ademais de favorecer a súa inserción social e evitar o illamento a través do fortalecemento das relación sociais e a participación. Os destinatarios son persoas maiores de 60 anos e/ou con dificultades físico-motoras, que deben acudir derivados polo médico da especialidade de familia e comunitaria cun informe asinado polo mesmo.   

Neste curso as horas de realización pasarán a ser de 2 horas semanais, dobrando así o ofrecido o pasado ano, e ofertando a actividade a tódalas parroquias do Concello. Este plan comezará no mes de outubro, co resto de actividades municipais e o horario aínda está por determinar.