Camariñas pon fin á campaña de trampeo de velutinas con máis de 11.500 raíñas capturadas

1 minutes read
  • Agora é o momento de retirar os niños que se formen, para o que se se debe chamar ao 112 en canto se detecten

O Concello de Camariñas dá por finalizada a campaña de trampeo para loitar contra a vespa velutina. Os datos obtidos dan unha cifra que supera á acadada o ano pasado, con 11.596 raíñas capturadas polas 9.813 do anterior exercicio.

Agora é o momento de eliminar os niños que se formen, para o que se debe chamar ao 112 en canto se detecten e a Xunta encargarase de retiralos a través do convenio ao que se adheriu o Concello.

Desde o Goberno local lembran que «o trampeo segue a ser esencial xa que elimina a raíña e reduce a formación de futuros niños».