Camariñas | ‘Ponte Friki 2026’, a celebrar en marzo de 2026 na Ponte do Porto, xa ten cartel anunciador

Momento da presentación do cartel do'Ponte Friki 2026'.Concelo de Camariñas.

Na mañá deste sábado, 15 de novembro, o Centro Cultural da Ponte do Porto acolleu a presentación oficial do cartel do evento da cultura friki da Costa da Morte, ‘Ponte Friki 2026’, realizado pola artista @gashadokuroz e que terá lugar o vindeiro 14 e 15 de marzo de 2026. 
As persoas asistentes ao acto puideron descubrir o cartel desta edición, que foi elixido entre máis de 20 propostas, onde tamén acudiron a alcaldesa, Sandra Insua e a concelleira de Cultura, Encarna Liñeiro. 
Ademais e como novidade, tras o éxito da primeira edición, este ano duplicarase o aforo do recinto, añadindo dúas carpas máis ao pavillón polideportivo da Ponte do Porto.

Related posts

O BNG acusa ao PP da Xunta de deixadez e inacción para solucionar os asolagamentos da lagoa de Traba de Laxe

A nova campaña de Aceites Abril céntrase, entre outros, no Entroido da parroquia carballesa de Oza

O concurso de disfraces de Entroido da Laracha repartirá ata 5.000 euros en premios