Camariñas | Presentación do obradoiro de emprego conxunto ‘Construíndo futuro’

MECAM Museo Encaixe de Camariñas

  • No programa tamén participan os concellos de Vimianzo e Muxía

O Museo do Encaixe de Camariñas acollerá este martes, a partir das 13:30 horas, o acto de presentación do obradoiro de emprego ‘Construíndo futuro’. Trátase dunha nova iniciativa conxunta entre as localidades de Vimianzo, Muxía e Camariñas, este último como promotor.

A actividade conta cunha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. Á presentación acudirán os rexedores dos concellos participantes e tamén o delegado da Xunta na provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, xunto coa xefa territorial de Emprego e Igualdade, Judit Fontela.