Este xoves tivo lugar no -MECAM- Museo Encaixe Camariñas a presentación do libro «El Camino de Santiago y el Juego de la Oca», de Sebastián Vázquez, onde se detalla unha ruta alternativa do Camiño de Santiago, o Camiño da Resurrección.
O acto ademais do autor, asistiron a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez.
Sandra Insua destacou que “Damos o primeiro paso dun camiño que consideramos que pode ser moi ilusionante para Camariñas e que supón unha importante aposta por parte do goberno local a curto, medio e longo prazo”.
A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, salientou a experiencia que vivirá o peregrino ao seu paso polo seu concello “onde atopará a Traslatio de Cereixo, un episodio moi importante para o municipio e para Galicia porque ademais só hai outros tres casos: unha moeda atopada no Grove e dúas representacións máis en Lleida e Navarra”.
Pola súa parte, Sebastián Vázquez argumentou que “todo el Camino está construido en base a leyendas y mitos, que siguen vivos y creo que hay argumentación para decir que estamos en el paraíso”.
41