Camariñas presume de distintivos azuis

1 minutes read
  • É o único da comarca en conseguir os catro distintivos azuis.

O Concello de Camariñas é o único da comarca que conseguiu os catro distintivos azuis que outorga anualmente a Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), repetindo así os resultados acadados o pasado ano.  

Na categoría de praias o areal de Arou obtivo a ‘Bandeira azul’, o Museo Man de Camelle conseguiu o de ‘Centro Azul’,  o Club Náutico de Camariñas o de ‘Porto Azul’ e a ruta litoral de Camariñas o de ‘Sendero Azul’.  

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, amosou a súa satisfacción por “repetir uns excelentes resultados” e destacou que “este anuncio reafirma a nosa aposta por converter Camariñas nunha referencia no turismo de proximidade”.