Camariñas publica as bases para a contratación de 4 socorristas e 1 enxeñeiro forestal

1 minutes read

O Concello de Camariñas publicou no seu taboleiro de anuncios as bases para a contratación de 4 socorristas e 1 enxeñeiro forestal, procesos que se levan a cabo ao abeiro da subvención concedida pola Consellería de Emprego e Industria da Xunta de Galicia para o fomento do emprego.  

Os interesados ás prazas de socorristas teñen que estar desempregados e apuntados na oficina de emprego de Cee co código bañista-socorrista, código 59921017, categoría profesional 00, técnico e sen categoría laboral determinada.  

Os interesados á praza de enxeñeiro forestal teñen que estar desempregados e apuntados na oficina de emprego de Cee co código  enxeñeiro técnico forestal, código 24251011, categoría profesional 30, xefe de equipo.  

Para máis información, na oficina de emprego só atenden por teléfono no 881 880 480.