Camariñas puxo o punto e final a unha completa II Mostra Virtual

1 minutes read
  • Cada vez queda menos para a gran cita do ano, achégase a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, e xa está case todo listo, será do 8 ao 12 de outubro.

Este domingo 4 de abril, púxose o punto e final á segunda edición virtual da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña que cambiou o seu funcionamento para centrarse na comercialización do encaixe e na publicación das coleccións do certame de Jovenes Deseñadores en diferentes enclaves turísticos do municipio.

Este domingo foi o último día no que os postos participantes ofreceron a través do Facebook e da web www.mostra.es unha serie de produtos con encaixe con ofertas especiais.

Na derradeira xornada os espectadores poideron presenciar a clausura institucional, máis vídeos do certame de Jovenes Deseñadores e unha pequena homenaxe ao voluntariado que ano tras ano colabora no funcionamento da Mostra.

A clausura correu a cargo da directora da Mostra, Dolores Lema, e da concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro. Ademais, tamén houbo espazo para a música xa que o Grupo Jaque quixo formar parte deste evento cunha versión propia da coñecida canción «Camariñas».