Camariñas recorda ao ‘Beti Donosti’ bautizando co seu nome unha das salas do futuro Museo dos Naufraxios

1 minutes read
  • O goberno local homenaxea aos 7 tripulantes do pesqueiro camariñán afundido en Almería no ano 1991

O Concello de Camariñas decidiu bautizar co nome de ‘Beti Donosti’ a sala de exposicións permanente coa que contará o futuro Museo dos Naufraxios, que ocupará o actual edificio da Lonxa Vella.

Con este acto o goberno local quere homenaxear aos 7 tripulantes do pesqueiro camariñán afundido en Almería no ano 1991: Javier Campaña, os irmáns Juan José e Roberto Pensado, Manuel Carril, Baldomero Evangelista, Manuel Suárez e Domingo Tajes.

Esta non é a primeira vez que o Concello usa o nome dalgún dos seus veciños máis senlleiros para nomear espazos característicos do municipio. Anteriormente xa se producise o nomeamento da aula Raquel Moreira do Museo do Encaixe ou o pavillón municipal Víctor Vigo.