Camariñas ‘recuperará’ o seu pediatra nuns días

Imagen de archivo del centro de salud de Camariñas_Redacción Médica

  • A localidade leva sen este servizo desde o pasado mes de agosto

O SERGAS confirmou este venres que os centros de saúde de Camariñas e da Ponte do Porto seguirán contando con pediatra despois de que a alcaldesa da localidade, Sandra Ínsua, se puxera en contacto co xerente da área sanitaria A Coruña-Cee, Luis Verde, para trasladarlle a preocupación de todos os veciños ante a ausencia deste servizo desde o mes de agosto, tendo que levar aos nenos ata os centros sanitarios de Vimianzo ou Baio (Zas).

Verde explicou que o pediatra se atopaba de baixa e que se reincorporará nos próximos días baixo o mesmo sistema de funcionamento: tres días en Camariñas e dous na Ponte do Porto.