Camariñas | Rematadas as obras de renovación do camiño nos Mollados, en Xaviña

O Concello de Camariñas rematou as obras para renovar o camiño na zona dos Mollados, na parroquia de Xaviña. A actuación, valorada en 50.076,55 euros, serviu para mellorar o firme e dotar de máis servizos á veciñanza.

Os traballos incluíron o desbroce e limpeza das cunetas e o reasfaltado do camiño mediante aglomerado asfáltico. Previamente, procedeuse á instalación dunha rede de saneamento e outra paralela para a recollida e evacuación de augas pluviais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha