- O concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Caamaño, lembra á veciñanza “a importancia de separar os residuos”
O Concello de Camariñas está a renovando e aumentando os contedores de todo o municipio para lograr unha mellor xestión dos residuos. As actuacións comprenden a instalación de máis colectores de lixo amarelos e a substitución dos verdes que están vellos ou en mal estado. Todos irán asegurados.
A través dunha subvención da Xunta de Galicia, con cargo ao Fondo de Compensanción Ambiental, adquiríronse 40 suxeita contedores; 37 contedores verdes de 800 e 240 litros que se instalarán nas praias durante o verán; 38 amarelos con capacidade de 800 e 240 litros e, por último, 5 iglús para o cartón.
O concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Caamaño, lembra á veciñanza “a importancia de separar os residuos nos fogares e no momento de depositalos para, entre todos, mellorar a xestión dos residuos do municipio”.