- Os usuarios do programa de compostaxe poderán recoller os colectores en diferentes puntos da localidade, en horario de mañá ou tarde
O Concello de Camariñas lanza a segunda fase do programa municipal ‘Camariñas Composta’, subvencionado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e polos fondos FEDER, co inicio do reparto de composteiros entre todos os novos participantes. Os repartos realizaranse este venres na Casa de Pedra de Camariñas e na Casa Sociedá de Xaviña a partir das dez da mañá, mentres que o resto serán entregados pola tarde, desde as catro, na Casa da Cultura de Ponte do Porto e no museo de Man en Camelle.
Ademais, os novos usuarios serán citados para participar nas accións formativas que desenvolverán as técnicas de Amigos da Terra, e que se levarán a cabo en pequenos grupos divididos por parroquias.
O prazo para inscribirse no programa de compostaxe continua aberto, e para participar é necesario enviar un correo a medioambiente@camarinas.net ou chamar ao 981 737 004.