34
O concello de Camariñas contabilizou este venres dous casos positivos por coronavirus, segundo informaron os responsables do centro de saúde ao Consistorio. Así, os contactos destas dúas persoas están a ser rastrexados e postos en corentena, informa o Goberno local. Desde o Concello resaltaron a “importancia” de manter as medidas de protección establecidas, como o uso obrigatorio da máscara, a distancia social, evitar aglomeracións e unha frecuente hixiene de mans.