Camariñas sancionará por depositar voluminosos incivicamente

O Concello de Camariñas emitiu un comunicado de aviso a veciñanza informando que a partir deste luns comezará a sancionar a aquelas persoas que depositen voluminosos sen seguir as normas de recollida establecidas.

Lembran que a recollida de obxectos desta magnitude faise porta a porta os venres, previa inscrición no Concello, ou ben por teléfono no 981 73 60 00 e non se poden deixar na rúa ata o xoves pola noite.

Actitudes como a que se mostra na imaxe, ademais de ser incívicas, impediron que a empresa que recolle a roupa de Cáritas puidese baleirar o seu contedor, informan desde o Concello.