- A inauguración celebrarase este xoves, 17 de xuño, ás 20:00 horas
O Museo Man de Camelle acollerá este xoves 17 a inauguración de ‘Simbiosis marina’, unha nova exposición que chega da man de Francesc Ramis. A partir das 20:00 horas os visitantes ao local poderán contemplar unha mostra que incide en como afecta ao medio ambiente e ás criaturas mariñas a contaminación xerada polos residuos abandonados, principalmente os plásticos.
«O autor dálles unha nova vida aos plásticos saídos do mar, entre outros materiais, e convérteos nunha obra artística representando simbiosis mariñas e marabillosas medusas que nos transportan a un imaxinario universo mariño», destacan desde o Concello.
‘Simbiosis marina’ aterriza na vila do encaixe a través das liñas de axudas artísticas do Instituto de Estudios Baleares e poderá verse ata o 11 de xullo.