35
O Concello de Camariñas sinala a prohibición de amontoar pedras formando milladoiros nos seus espazos naturais.
Para iso, instalou carteis no Cemiterio dos Ingleses que sinalan a prohibición de esta práctica, que pode supoñer sancións de ata 6.000 euros.
Os chamados milladoiros son perxudiciais tanto para a flora como para a fauna da zona na que se crean e deixan unha profunda alteración na paisaxe.