‘Camariñas Sorprende’ no centro de Madrid

Para contribuír á promoción turística do municipio, e aproveitando a presenza en FITIUR, o Concello decidiu levar a súa campaña ‘Camariñas Sorprende’ a pleno centro de Madrid, proxectando as súas festas, tradicións e paisaxes nas grandes pantallas dixitais de Callao e Gran Vía e, como novidade este ano, nas do frecuentado Mercado de San Miguel.

A inserción publicitaria consiste, por unha banda, nun vídeo de 10 segundos no que se poden ver as festas, a paisaxe e a gastronomía que ofrece Camariñas e, pola outra, como imaxe fixa, o cartel da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas.

Ambas pezas están encabezadas polo lema da campaña ‘Camariñas Sorprende’ e poden verse tanto polos milleiros de persoas que día a día pasean pola Gran Vía e a praza de Callao como polos visitantes que acoden ao Mercado de San Miguel, un dos máis destacados da capital do país.

O obxectivo desta acción publicitaria é o de continuar a promocionar o turismo en Camariñas fora das nosas fronteiras, xunto á Mostra do Encaixe, para atraer un maior número de visitantes ao longo de todo o ano.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha