Camariñas súmase á campaña «Adianta a túa cea ás 20 horas»

1 minutes read

«Adianta a túa cea ás 20 horas». Esta é a mensaxe que asolaga as redes sociais tras a decisión de varias comunidades de decretar o estado de alarma e establecer un toque de queda que varía, segundo cada comarca ou concello, en moitos casos como tope ás 11 da noite. Mensaxe que en Camariñas apoian, para que non se cancele nin unha soa cea e que se celebren, iso si, en lugares permitidos e con todas as medidas establecidas ás 20:00 horas.

O obxectivo desta iniciativa é apoiar a un dos sectores máis afectados por esta crise do coronavirus, a hostalería, que desde marzo sufriu peches e moitas restricións desde que os establecementos puideron volver abrir as súas portas. Na comarca son xa varias as persoas que se sumaron á iniciativa, difundindo esta mensaxe a través de Facebook como «apoio» ao sector.