31
Continúan as labores de retirada dos pellets que están chegando ás praias de Camariñas. O pasado domingo, 7 de xaneiro, 20 voluntarios de Mar de Fábula retiraron estes residuos dos areais de Reira. Este luns 8 de xaneiro unha empresa contratada polo Concello, xunto co voluntariado de Mar de Fábula, continuou coa retirada. É un traballo complicado xa que os pellets están moi enterrados na area e resulta difícil ver onde facer o cribado. Desde o Concello solicítanlle á veciñanza que se poña en contacto con eles se ven este lixo nas praias do municipio.