44
Será a partir do día 8 de xuño cando se reanudará o servizo de axuda no fogar na súa totalidade a todas as persoas usuarias que teñen o servizo en suspensión debido á alerta sanitaria polo COVID-19, sexa de forma voluntaria ou establecida como medida de prevención por parte do Concello de Camariñas. As medidas de prevención que teñen que adoptar as persoas usuarias e familiares durante o tempo que esté a auxiliar nas casas son as seguintes:
- Obrigatorio o uso de mascarillas sempre que non se poida respetar a distancia mínima de 2 metros recomendada.
- As persoas usuarias que por motivos de saúde non poidan utilizar mascarillas terán que comunicalo antes a Servizos Sociais.
Para calquera dúbida, estará operativo o teléfono de Servizos Sociais: 981 73 70 04.