Camariñas: Top One


Tres citas relevantes sitúan a Camariñas no Top One de actividades importantes durante os meses de marzo e abril: Entroido, VI Circuito Correndo pola Costa da Morte e Mostra do Encaixe.

Entroido:

Camariñas deseñou un completo programa de actividades para o Entroido. O acto central será outro ano máis o Concurso de Comparsas, que se celebrará o luns, 4 de marzo, e que nesta edición aumenta a contía dos seus premios repartindo 2.800 euros en total.   

No certame poderán participar as 12 primeiras comparsas que se inscriban no Rexistro Municipal ou a través da sede electrónica. As restantes quedarán nunha lista de reserva. O prazo está aberto do 19 o 28 de febreiro, e as comparsas deberán estar formadas por un mínimo de 10 persoas.   

As contías do concurso serán de 700 euros para o primeiro premio, 500 euros para o segundo e 300 euros para o terceiro. Ademais, as comparsas que non resulten premiadas recibirán unha axuda económica de 10 euros por cada persoa participante ata un máximo de 150 euros.   

O concurso consistirá nun desfile, con saída ás 20 horas da Praza do Concello e que percorrerá as rúas Avenida da Coruña, Ambrosio Feijoo, Rúa do Medio, Areal e Avenida Eugenio López ata chegar ao Pavillón Municipal, onde ás 21 horas comezará a actuación sobre o escenario. O Concello tamén ten programadas actividades para todas as parroquias.



VI Circuito Correndo pola Costa da Morte:

Dolores Cortés participará na XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas:

A reputada deseñadora valenciana Dolores Cortés participará na Mostra do Encaixe de Camariñas, que este ano alcanza a XXIX edición. Dolores, que debutou o ano pasado na Mostra, repetirá asistencia e amosouse “encantada de que me invitaran después de lo vivido el año pasado, me encantó Camariñas y sus alrededores, no lo conocía y disfruté mucho”.   

Dolores Cortés traerá este ano a Camariñas unha colección primavera -verán 2019 formada por seis pezas de baño. Catro destas, en cor amarelo mostaza, presentáronse na Madrid Fashion Week 2018 e estaban realizadas con encaixe de Camariñas e as outras dúas serán novas creacións deseñadas en exclusiva para a Mostra.   

A deseñadora amosou a súa admiración polo traballo que se fai na Mostra e explicou que “me encantó ver a las palilleiras y a las niñas palillando, me parece una cosa muy bonita el esfuerzo que se hace por mantener una tradición preciosa”.   

Ademais, valorou positivamente o efecto do encaixe na moda xa que para ela “el encaje le da a mis piezas un ambiente sofisticado, lo puedes utilizar para muchas cosas”.