Camariñas | Unha manda de porcos bravos busca pousada en Arou

1 minutes read

O xabaril conquista cada vez máis territorio. Non contento co campo despoblado, nin cos montes, estes porcos salvaxes invaden cada vez máis as periferias das cidades e vilas. Este domingo un veciño de Arou en Camariñas levou unha sorpresa ao atoparse de fronte cunha manda de media ducia de animais, que lonxe de asustarse, merodeaban con tranquilidade polo pobo. Os porcos bravos son omnívoros, pero sobre todo gústalles o millo, así que os donos das pequenas plantacións das periferias son as súas vítimas potencias. Pero tamén poden causar danos nas urbanizacións, ou inconscientemente provocar un tráxico accidente, que por experiencia propia non é nada agradable, aínda que só se trate de danos materiais, con sorte, poden ser cuantiosos en calquera vehículo. Non dubidan en cruzar de noite as estradas e son grandes andaríns, pero non son agresivos se non se ameaza ás súas crías. Poden percorrer entre dez e vinte quilómetros cada noite, e son moi prolíficos, cada vez expándense máis.