Cambio de directiva na Asociación de Empresarios de Santa Comba

1 minutes read

144 socios pertencentes á Asociación de Empresarios de Santa Comba estaban convocados este martes a unha Asamblea Xeral Ordinaria, para tratar entre outros asuntos a continuidade, ou non, da actual Xunta Directiva. Antes das votacións fíxose balance e aprobáronse as contas de 2019, ademais dos orzamentos para este ano. De seguido, tras unha breve intervención dos dous únicos candidatos que se presentaron, comezou a votación presencial seguida dos votos delegados. As dúas candidaturas a elexir, estaban formadas por unha parte, a presidida pola actual presidenta Teresa Castro (Tenda Fototeca) e unha nova lista encabezada por Alberto Romar Landeira, (Tenda El Juguetón). Os socios falaron en votación e con contundencia, Alberto Romar será o novo presidente ao conseguir 93 votos, contra os 43 acadados por Teresa Castro.

A nova directiva estará formada polos seguintes empresarios:

  • Alberto Romar Landeira (El Juguetón) -Presidente-
  • Víctor Manuel Vecino Rey (Infozone Ordenadores)
  • Inés Castro Ambroa (Quercus)
  • Cristina Silva Paredes (Hotel Xallas)
  • Alberto Arán Pérez (Talleres Arán & Pombo)
  • Pablo Pérez Escaríz (Talladas Gastrobar)
  • Cristina Calvelo Vilaboa (Café Bar Súper A Nosa Vila)
  • Javier González Blanco (Electroxallas Electrodomésticos)
  • Diego Vilas Boga (Cristalería Vilas)
  • Marcos Rodríguez Ferreiro (Rural Center).