Cambio de hora: durante a madrugada deste domingo, as 2 pasarán a ser as 3

Imaxe dun reloxo_PIXABAY

  • España comeza o horario de verán nun confinamento histórico

España enfróntase a un novo cambio de hora e faio inmersa nun Estado de Alarma e nun confinamento pola pandemia do COVID-19.

Durante a madrugada do sábado 28 ao domingo 29, os reloxos deberán adiantarse unha hora para entrar no horario de verán, polo que as 2 da mañá pasarán a ser as 3.

A modificación horaria de primavera aplícase en todos os países da Unión Europea para axustar as horas de traballo coas de luz natural, e este novo horario estará operativo ata a madrugada do 25 de outubro.

O cambio horario implantouse cun claro obxectivo: aforrar enerxía. Con todo, no ano 2018 moitos cidadáns europeos mostraron o seu descontento con esta modificación, xerando un gran debate.

Así, a Unión Europea realizará a anulación definitiva destes cambios no ano 2021, polo que cada país poderá elixir se permanecerá no horario de inverno ou verán, elixido este último polo 65% dos españois.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha