- Os accidentes de tráfico son a primeira causa de mortalidade entre os mozos de entre 17 e 24 anos
A Asociación Vieiro oferta «Cambio de sentido», un programa preventivo xuvenil para levar a cabo nas autoescolas e que vai dirixido ós mozos que están en proceso de obter o carnet de conducir, xa que os accidentes de tráfico son a primeira causa de mortalidade entre os mozos de entre 17 e 24 anos.
Este programa ten como obxectivo concienciar ós futuros condutores sobre os riscos que conleva conducir baixo os efectos do alcohol e das drogas. Obxectivo que se concreta nun dobre compromiso:
1.- Reducir a porcentaxe de conductores falecidos en accidentes de tráfico na que se detecta a presenza de alcohol ou outras drogas.
2.- Reducir o número de conductores menores de 30 anos falecidos en accidentes de circulación estando baixo a influenza do alcohol e outras drogas.
Para cumprir estes obxectivos a Asociación Vieiro porá en marcha este programa nas autoescolas do concello de Carballo que colaboran de distintas formas na consecución deste programa, ben, a través do envío duns cuestionarios relacionados co consumo de sustancias e condución, como é o caso das Autoescolas Carballo e Carcopa, ou ben a través de sesións teóricas presenciais, como na Autoescola Benigno que terá lugar o martes día 9 de xullo ás 11:00 horas.
Asi mesmo Vieiro fará entrega ao alumnado participante no programa dun Manual de bolsillo: «Lévao contigo» e dun disco: «Contrólate se bebes» que contén a información relevante sobre a seguridade viaria e o impacto na mesma do consumo de alcohol e outras drogas.
Este programa é totalmente gratuíto. Está subvencionado polo Servizo de prevención de Condutas Adictivas da Dirección Xeral de Innovación e Xestión de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Concello de Carballo.