O Concello da Coruña solicitou á Xunta a transferencia da titularidade dos algo máis de 2,4 quilómetros de lonxitude da AC-415, que coincide coa avenida de Finisterre desde a ronda de Outeiro ata Meicende, no límite municipal con Arteixo; e do treito da estrada AC-211, de 160 metros, entre o límite do concello con Culleredo e A Pasaxe (N-VI), polo que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores a súa transferencia, xunto co seu dominio público asociado.
Trátase de treitos de vías autonómicas cun marcado carácter local e urbano, sen funcionalidade dentro da rede autonómica de estradas de Galicia (RAEGA). A transferencia a prol do Concello da Coruña tramítase de acordo co previsto na Lei de estradas de Galicia, que estable a súa aprobación por decreto da Xunta, a proposta da Consellería competente en materia de estradas, e logo do acordo entre as administracións implicadas. Co cambio de titularidade, o Concello terá a competencia para actuar nestes treitos e asume a responsabilidade da súa conservación e mantemento.