Cambios de canle de recepción TDT en Caión

1 minutes read

En cumprimento do proceso de liberación do Dividendo Dixital, desde este venres están operativas as novas canles de recepción da TDT que dan servizo a parte da poboación de Caión dende o centro emisor do monte ubicado entre os lugares de Goxan e o Campo da Costa.

O proceso consiste no apagado neste centro das frecuencias de emisión ubicadas por encima da canle 50 do múltiple autonómico (programas TVG, TVG2, GHD e G2HD) e acendido nas novas frecuencias asignadas.

Os usuarios que dispoñan da cobertura axeitada deberán realizar unha nova busca de canles no seu televisor ou receptor de TDT para continuar disfrutándoas. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar os equipos de recepción conectados a antena colectiva para asegurar a calidade do sinal.