Cambios na normativa da IXP Mel de Galicia

1 minutes read

A identificación do mel de melada, que poderá levar a mención ‘mel de bosque’ na súa etiqueta, é unha das novidades máis importantes no cambio da normativa. A Indicación Xeográfica Protexida Mel de Galicia, coa colaboración do Laboratorio de aerobioloxía e apicultura do campus de Ourense, leva tempo traballando nisto. No sector piden aos consumidores que apoien o Mel de Galicia. Lembran que a súa contraetiqueta é unha garantía de calidade. «Non só a calidade diferenciada e a garantía de orixe, que só é mel galego, senón que ademais, as abellas e os apicultores están facendo a polinización que nos interesa a todos», lembra Esther Ordóñez, presidenta da IXP Mel de Galicia. Agora, o sector agarda a aprobación definitiva dos novos cambios, pendentes da súa tramitación nas administracións estatal e europea.