Cambios no goberno local do Irixo ca primeira moción tras o 28M

11/08/2023 Presentación de la moción de censura de O Irixo. POLITICA PSOE DE OURENSE

O pleno municipal do Irixo, Ourense, deu luz verde á moción de censura, a primeira de Galicia tras o 28M e unha das primeiras do Estado, co acordo alcanzado polo PSdeG-PSOE e a coalición independente Xuntos polo Irixo que permitiu arrebatar a Alcaldía a Manuel Cerdeira (PP).

O acordo alcanzado o pasado 11 de agosto que prosperou este mediodía permite á concelleira e portavoz de Xuntos, Susana Iglesias, ser a nova rexedora deste municipio, co que se converte na primeira alcaldesa neste concello, tras desbancar ao alcalde popular que gobernaba en minoría desde o pasado mes de maio. Iglesias e o portavoz do PSOE, Iago Fariñas Valiña, xustificaron esta moción pola «nefasta xestión» do alcalde popular e do seu grupo de goberno nos últimos anos á fronte deste consistorio ourensán.

Mentres, a xunta de Goberno local pasará a estar conformada por catro membros: Susana Iglesias e Tamara Civeira (Xuntos polo Irixo) e Iago Fariñas Valiña e Rosa María Dalama Lousado, polo PSdeG-PSOE. Entre aplausos e no seu primeiro discurso como rexedora, a candidata veciñal agradeceu o apoio de todos os veciños á hora de facer posible o cambio que, nas súas palabras, «toca agora traducir en feitos».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha