Cambre | Aprobado o proxecto de construción dunha senda peonil en Sigrás

1 minutes read

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou no Diario Oficial de Galicia a aprobación do proxecto de construción dunha senda peonil na estrada autonómica AC-214, en Sigrás, ao seu paso polo concello de Cambre. Esta actuación, que disporá dun prazo de execución de 9 meses, conta cun orzamento autonómico de 878.000 euros, incluídas as expropiacións das 21 fincas necesarias para acometer o acondicionamento da vía. O obxectivo desta intervención é a mellora da mobilidade peonil e da seguridade viaria na estrada AC-214, coa construción dunha senda, fundamentalmente peonil, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 8,5 e 9,2, desde a intersección tipo glorieta coa AC-213 e a N-550, dentro dos núcleos da Telva, A Xira e A Pena de Sigrás de Abaixo.