Cambre inaugura a Biblioteca Central

  • Trátase dun espazo aberto, diáfano e que aspira a converterse nun punto de encontro interxeracional.

Ao acto acudiron o alcalde, Óscar García Patiño, o presidente da Deputación provincial da Coruña, Valentín González Formoso, a concelleira de Cultura, Mónica Varela. Así mesmo, o evento contou coa presenza do resto de concelleiros e concelleiras do goberno local, así como de representantes do resto de partidos da corporación municipal. Os deputados provinciais José Ramón Rioboo e José Manuel Lage Tuñas acudiron tamén á presentación. Coa apertura desta dependencia, o goberno local dá resposta a unha demanda histórica dos veciños e veciñas do municipio. A nova Biblioteca Central xa está aberta, con todo, atendendo ao protocolo elaborado polo Concello, os veciños e veciñas terán que solicitar cita previa para acudir á instalación. Para iso, dispoñen do teléfono 981 67 51 09.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha