Cambre | Unha veciña atopa unha granada nunha beiravía da vila

0 minutes read

A granada atopouna unha veciña de 60 anos durante o seu paseo rutineiro, contra as once da mañá do martes.

Sen dubidalo, alertou a Policía Local que, tras asegurar a zona, puxeron os feitos en coñecemento dos GEDEX, o Grupo de Especialistas en Desactivación de Explosivos.

Un achado que causou sorpresa entre os veciños. Os especialistas procederon a retirar o artefacto da zona e agora investigan para tratar de localizar o seu propietario.