‘Camiñar na noite’: oito rutas para descubrir Ponteceso con outra luz

0 minutes read
  • A primeira realizarase este venres, 16 de xullo

Despois do éxito da pasada edición, o Concello de Ponteceso organiza un ano máis Camiñar na noite, un programa con oito rutas de seis quilómetros cada unha para coñecer o municipio desde outra perspectiva.

As andainas comezarán o próximo 16 de xullo, e realizaranse entre as dez e as doce da noite. Será obrigatorio levar máscara, lanterna e chaleco reflector.

As prazas son limitadas, polo que será necesario inscribirse previamente na sede electrónica do Concello ou de forma presencial.