“Camiñares” completa a “Triloxía meiga” do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021


O videoclip Camiñares, ambientado no Camiño de Santiago, está visible, entre outros, no Portal da Lingua Galega xunto cos outros dous vídeos que compoñen a Triloxía meiga: Axendados e Alalá meigo. Cada un deles está dedicado a un dos seguintes elementos da natureza: terra, auga e fogo, respectivamente. O cuarto elemento, o aire, vén representado pola propia cantante e intérprete dos vídeos, Andrea Pousa. Todos estes traballos teñen por obxectivo a divulgación e fomento do patrimonio cultural de Galicia e empregan distintas artes (danza, música, circo…) para alcanzar esta meta. A peza audiovisual destaca “a beleza do Camiño de Santiago e os valores de autocoñecemento, de amizade e de convivencia que esta rota propicia, valores expresados en lingua galega, que é a que usan todos os materiais do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021”.