Andaina solidaria para axudar a Noel


O Concello de Betanzos organiza a camiñada solidaria Camiñando con Noel: loita contra o meduloblastoma para conseguir fondos e así axudar a Noel na súa loita contra un tumor cerebral.

Os participantes poderán inscribirse na páxina web do concello ou ben nun posto que estará na praza García Irmáns os días 28, 29 e 30 de marzo. 
Ademais, coa colaboración do club As Vellas non Paramos, haberá unha caseta para poder anotarse o xoves e o venres de 11.00 a 20.00h., e tamén o propio día da ruta, de 9.00 a 10.30h.

Na caseta poderanse facer aportacións económicas, así como a través da web do concello, que está enlazada coa Fundación Cris para vencer el cáncer. O concepto da doazón é: Noel Coruña.

A marcha será polo centro urbán de Betanzos e terá unha lonxitude de 4.5 quilómetros.