Camiño a Fisterra | Obxectivo do fotógrafo toledano Kike López


Kike López, un fotógrafo toledano, comezou este domingo a ruta ata Fisterra polo norte de España e sen diñeiro. Intentará vivir do troco e sen cartos, recuperando a tradición dos vellos fotógrafos minuteiros , pero adaptado á era dixital. Fotos a cambio de….comida, aloxamento…etc. Kike López irá acompañado, porque incorpora unha novidade. Será o protagonista dun documental e iso amplía as expectativas. “Son máis días máis horas e cun equipo de gravación esta vez”, sinala o fotógrafo. Calculan gravar unhas 160 horas para editar ese documental, que xa ten título de antemán: A ruta minuteira. O obxectivo final, antes de regresar a Toledo, é durmir no faro de Fisterra a mediados de agosto.