Campaña autonómica para promover un turismo seguro

Foto.- Cedida.

No marco do programa Galicia destino seguro, a Xunta de Galicia vén de pór en marcha unha campaña itinerante de concienciación que percorrerá a Comunidade durante o verán. Nela infórmase aos viaxeiros e aos propios galegos das medidas postas en marcha para garantir un turismo seguro no actual contexto sanitario, así como dos recursos turísticos dispoñibles na nosa Comunidade.

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, visitou a primeira das accións da campaña, en Santiago de Compostela, onde se situou unha unidade móbil que funciona a modo de oficina de turismo na Alameda compostelana desde onde se achega información á cidadanía e aos turistas cunha mensaxe de responsabilidade, precaución e respecto no actual contexto sanitario.

O espazo informativo está atendido por profesionais da información turística e tamén difunde o destino, poñendo en valor recursos como o Camiño de Santiago, a paisaxe, a natureza, a enogastronomía ou o patrimonio cultural.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha