A patroal xalleira reparte entre os seus asociados dos sectores do comercio e a
hostalería bolsas de papel e manteis individuais, o slogan que vai impreso nas bolsas “Mercar en Santa Comba que bonito é, xente traballando e negocios en pé”, mentras que nos manteis individuais vai un mapa do Concello de Santa Comba onde nos indica a situación das 17 parroquias e os castros, túmulos megalíticos da prehistoria, estelas funerarias e miliarios dos restos de período romano e os pazos que hai espallados en todo o territorio do concello.
Así mesmo tivo moi boa acollida o recentemente rematado curso de informática sobre facturación electrónica, certificado dixital e trámites coa administración da Asociación Costavales o roteiro de plantas silvestres comestibles e medicinais foi un éxito total de participación.
A entidade está inmersa na organización da XI Ruta de Tapas que se levará a cabo do 15 ao 24 do mes de novembro durante dúas fins de semana e na II Feira do Outono onde colabora tamén conxuntamente coa Asociación Costavales e que terá lugar no recinto feiral de Santa Comba os días 8, 9 e 10 de novembro, onde poderemos atopar hostalería, automoción, gastronomía local e de empresas foráneas, para os máis pequenos disporase dun alegre e divertido recuncho infantil.