Campaña da DXT de control do estado dos vehículos ata o día 26

Garda Civil controlando o tráfico nunha estrada

Este luns deu comezo unha nova campaña da DXT para controlar os vehículos máis vellos. Segundo os datos dos que dispoñen en Tráfico, en seis de cada dez accidentes estiveron implicados vehículos de máis de 10 anos.  Ata o vindeiro domingo, 26 de xaneiro, os axentes dá Garda Civil de Tráfico intensificarán os controis para comprobar as condicións técnicas dos coches, prestando especial atención ao mantemento dos elementos de seguridade como son os pneumáticos, as luces ou o parabrisas. Tamén é importante que a iluminación sexa correcta, as lámpadas perden intensidade e deben cambiarse cada 40.000 quilómetros ou aos dous anos e de dúas en dúas. Ademais hai que ter ben as placas de matrícula porque levalas ilexibles supón unha infracción grave. Cabe lembrar que, o risco de falecer ou quedar ferido grave multiplícase por dous ao comparar os accidentes ocorridos con vehículos de 10 a 15 anos de antigüidade, en relación con acontecidos con coches de menos de cinco anos.