A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e a Garda Civil intensificarán esta semana os controis para previr as distraccións ao volante. O uso do teléfono móbil mentres se conduce, a manipulación de sistemas de navegación ou o simple feito de apartar a vista da estrada durante uns segundos poden ter consecuencias fatais. A DXT pon en marcha, entre os días 6 e 12 de outubro, unha nova Campaña Especial de Vixilancia e Control sobre as Distraccións ao Volante, na que participará a Agrupación de Tráfico da Garda Civil, xunto con policías locais dos concellos que se sumen á iniciativa. Cabe destacar que cada semana os axentes de tráfico sancionan 18 condutores en Galicia por esta causa. Trátase dunha infracción grave que está sancionada con 200 euros e a retirada de tres ou seis puntos do carné, en función de se o levamos nas mans ou o manipulamos cando está colocado no soporte. Concienciar os condutores dos riscos de desviar a atención da estrada é o obxectivo desta campaña especial, con controis toda esta semana e en calquera tipo de vía.
7