Campaña da DXT para concienciar do perigo de usar o móbil ao volante

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) e a Garda Civil intensificarán esta semana os controis para previr as distraccións ao volante. O uso do teléfono móbil mentres se conduce, a manipulación de sistemas de navegación ou o simple feito de apartar a vista da estrada durante uns segundos poden ter consecuencias fatais. A DXT pon en marcha, entre os días 6 e 12 de outubro, unha nova Campaña Especial de Vixilancia e Control sobre as Distraccións ao Volante, na que participará a Agrupación de Tráfico da Garda Civil, xunto con policías locais dos concellos que se sumen á iniciativa. Cabe destacar que cada semana os axentes de tráfico sancionan 18 condutores en Galicia por esta causa. Trátase dunha infracción grave que está sancionada con 200 euros e a retirada de tres ou seis puntos do carné, en función de se o levamos nas mans ou o manipulamos cando está colocado no soporte. Concienciar os condutores dos riscos de desviar a atención da estrada é o obxectivo desta campaña especial, con controis toda esta semana e en calquera tipo de vía.

Related posts

14, 21 e 28 de outubro | Terceira edición das Xornadas de Promoción da Saúde, na Laracha

Unha operaria resulta ferida tras caer duns tres metros nunha explotación gandeira en Vilasantar

Unha gran marea humana desborda Santiago de Compostela en solidariedade con Palestina