Campaña da Garda Civil para reforzar a seguridade no Camiño

Peregrinos Camiño de Santiago_Garda Civil

A asociación Stop Accidentes e a Garda Civil de Tráfico retoman a campaña ‘Peregrina seguro’ para alertar dos perigos que os camiñantes e os ciclistas poden atopar na estrada.

A principal recomendación é que se fagan ver, que empreguen pezas de roupa claras ou reflectoras para que os coches os detecten sen problema. Os cruzamentos do camiño coas estradas nacionais ou comarcais son os puntos máis perigosos.

A repartición de folletos con recomendacións e a entrega de chalecos reflectores son parte da campaña ‘Peregrina seguro’, da asociación Stop Accidentes en colaboración coa Garda Civil. Os folletos con todas as recomendacións aos peregrinos vainos seguir repartindo a Garda Civil por albergues e distintos treitos do Camiño.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha