Campaña de control do uso do teléfono móbil ao volante


Desde hoxe e durante toda a semana a DXT poñerá en marcha unha campaña especial de control das distraccións ao volante.
Entre elas está tamén o uso indebido de navegadores GPS e outros dispositivos similares. Os axentes prestarán especial atención ás vías convencionais. As sancións por conducir sen prestar a atención necesaria alcanzan multas económicas de 200 euros e a perda de tres puntos do carné de conducir. En 2019 as distraccións ao volante ocorreron en máis do 25% dos accidentes rexistrados nas estradas galegas.