Campaña de doazón de sangue en colaboración de ADOS co Leyma Básquet Coruña

1 minutes read

A Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), recoñece, un ano máis, o compromiso co solidario xesto da doazón de sangue ao Leyma Básquet Coruña, unha entidade deportiva que xa é un referente no desenvolvemento de iniciativas no eido da solidariedade. A entidade deportiva, co obxectivo de promover a participación da cidadanía nas campañas de doazón de sangue, ao longo de toda esta semana está agasallando aos doantes da área sanitaria da Coruña que vaian doar, tanto ás unidades móbiles como ao local de doazón da Axencia nas instalacións do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, con dúas entradas para asistir ao encontro de LEB Oro, que disputará o equipo coruñés o 1 de maio contra o Albacete Basket. As entradas distribuiranse ata esgotar as 300 dispoñibles.