Campaña de Nadal ao grande en Santa Comba


A Asociación de Empresarios de Santa Comba organiza unha campaña de Nadal por todo o alto. Apostará pola continuidade de rascas de Nadal con máis de 1.000 premios directos valorados en preto de 10.000 euros, que se poderán conseguir por medio das compras no pequeno comercio da vila.
(Vales de compra, 40 cestas, artigos electrónicos, comidas, prendas de roupa e outros complementos..)
A maioría de premios son doados polos 211 socios cos que conta a Entidade. A campaña comeza este mércores día 15 de decembro e remata o 8 de xaneiro

Actividades paralelas:

• Curso de tiraxe de cervexa o xoves día 16 de decembro nas oficinas da Asociación, coa presenza de Laura Martínez (subcapioa de España e campioa de Galicia desta actividade).

• Curso de decoración de Nadal o venres día 17 de 20:30 a 22:30, tamén nas oficinas da Asociación. Ambos cursos son gratuítos. para socios.

• Exposición de tódolos produtos da campaña de rascas de Nadal, no escaparate ubicado no baixo da rúa Alfonso Molina número 20

• XV edición do concurso de escaparates de Nadal. Organizado polo Concello e colaborando a Asociación de Empresarios de Santa Comba. O prazo de inscrición abrirase o luns 13 de decembro. 1000 euros en premios. 4 premios decidiranos as interaccións nas redes sociais municipais.

• O día 24 de decembro de 12:00 a 15:00 horas haberá pasarúas a cargo do grupo Mariachi Sol de Galicia.

• O día 31 de decembro, de 12:00 a 15:00 horas pasarúas a cargo da Charanga os Celtas

Ambos grupos circularán polas rúas de Santa Comba animando as compras no pequeno comercio e a hostalería local.

A xunta directiva da Asociación de Empresarios afirma que agradece a alta participación, a multitude de doazóns de produtos polas empresas asociadas, así como aos 10 padriños da campaña e máis de 10 colaboradores de prata.

Apartado do concurso de escaparates de nadal:
O quinto premio (premio especial redes sociais) decidirase por medio das interacións na rede social Facebook do Concello de Santa Comba.