0
- Impartida por Íntegro, forma parte dunha programación especial polo seu 30º aniversario
A asociación Íntegro, dentro dunha programación especial polo seu 30º aniversario, desenvolve este mes de marzo unha campaña de sensibilización da lesión medular. A primeira parada foi este xoves no CPI Plurilingüe Cabo da Area de Laxe, onde 29 alumnos de 3º e 4º da ESO acudiron a unha sesión formativa sobre as causas e consecuencias dos accidentes medulares. Os encargados de impartir estas charlas foron o presidente de Íntegro, Adolfo López Baña, e José Manuel, un voluntario do programa.
Os centros educativos interesados en adherirse a esta ou outra campaña poden poñerse poñerse en contacto co centro a través do correo formacion@integro.es ou nos teléfonos 981 734 985 e 650 961 649.