- Organizada pola asociación Comarea, será este domingo a partir das 12 horas
A asociación xuvenil Comarea organiza para este domingo, 11 de abril, unha limpeza e recollida de lixo na praia de Lourido para «así liberala un pouquiño», destacan desde a entidade. Esta iniciativa comezará ás 12 horas e faranse grupos de seis persoas con motivo das medidas vixentes pola Covid-19.
Inscricións no teléfono 666903627.