Campaña de recollida de lixo na praia pontecesá de A Ermida

PIXABAY

  • Organizada por LimpOcean e o Concello, desenvolverase durante a mañá deste sábado

A entidade LimpOcean e o Concello de Ponteceso organizan para este sábado, 23 de outubro, unha campaña de limpeza na praia de A Ermida. Será de 11:00 horas a 13:30 horas, e posteriormente realizarase unha clasificación e análise do lixo recollido para que poida ser reciclado.

Desde o goberno local animan a todos veciños a que participen nunha actividade coa que coidar do medio ambiente e preservar a natureza no seu verdadeiro estado.

Quen desexe inscribirse debe enviar os seus datos persoais (nome completo, DNI e teléfono) a eventos@limpocean.com. A máscara sanitaria será obrigatoria.